Terapia individual
Un só servizo, coidado no detalle.
Sesión individual dunha hora, online ou presencial. O enfoque e as ferramentas adáptanse ao que ti necesitas.
Ámbitos
En que traballo
Os meus servizos oriéntanse indistintamente a poboación infanto-xuvenil e a poboación adulta, adaptándome á individualidade de cada caso.
- Trastornos emocionais (depresión, ansiedade…)
- Trauma relacional
- Xestión emocional
- Habilidades sociais
- Duelo
- Orientación vocacional
- Trastorno de Déficit de Atención
- Autismo
Como traballamos
Enfoque personalizado
Adáptanse ferramentas e enfoques terapéuticos distintos en función das necesidades de cada paciente.
Modalidade online ou presencial
Dende a comodidade da túa casa ou na clínica en Santiago de Compostela.
O que conseguimos
Comprenderte, escoitarte e sosterte. Os cambios que comezan en terapia poden acompañarte tamén fóra dela.
Preguntas frecuentes
Dúbidas habituais antes de comezar
Como será a primeira sesión?
Será o punto de encontro no que nos coñeceremos, averiguaremos que foi o que te levou a tomar a decisión valente de pedir axuda e explicareiche a miña forma de traballar.
Con que frecuencia serán as sesións?
A frecuencia determínaa a problemática a tratar. Habitualmente comézase cunha sesión semanal ou quincenal.
Canto duran as sesións?
As sesións duran aproximadamente unha hora.
Que plataforma empregaremos para a terapia online?
Utilizaremos unha plataforma que respecte a protección de datos. Se non a usaches antes facilitareiche unha ligazón directa para que poidas entrar sen complicacións.